Javi Rodríguez: "Se Claudio non me colle en xuvenís non estaría aquí"


Foto: RC Celta

Javi Rodríguez está a ser unha das sorpresas agradables da tempada. O zagueiro, con ficha do filial, está a ser un dos xogaodores máis importantes do Celta no pressente exercicio, e gran parte da responsabilidad do seu crecemento recae no seu adestrador, Claudio Xiráldez. 

Nunha entrevista para a Televisión de Galicia, o canteirán recoñece o peso que tivo o porriñés na súa carreira, especialmente cando o club recomendeulle sair no paso de cadetes a xuvenís porque non ía ter moitos minutos: 

“Dixen, vouno intentar. Igual no Nadal pido salir. Por sorte, saíu todo ben e puiden seguir aquí. Se Claudio non me colle en xuvenís non estaría aquí, estoulle moi agradecido”, apunta. 

O xogador recoñece que ten cousas que mellorar, especialmente o físico, algo no que o porpio Giráldez insistiulle ao longo da súa carreira: “Teño que mellorar o físico, acabar oo 90 minutos cústame un pouco. Claudio sempre me dixo que se quería chegar alto tiña que mellorar o meu físico”. 

0 comments:

Publicar un comentario