Sergio Carreira: "A miña casa sempre será o Celta"


Foto: RC Celta

Antes do partido amigable fronte ao Luton Town, que se xogará mañá ás 16:00, o Celta publicou unhas declaracións de Sergio Carreira, que está a ser unha das sensacións do equipo nesta pretempada, con moitas opcións de quedar finalmente na plantilla despois de ser descartado tres anos consecutivos: 

“Estou moi contento, con moitas gañas de amosar. Polo momento aclimatándome á idea de Claudio e aos compañeiros, que algúns xa coñecía e como sempre moi ben. Son un grupo que acolle moi ben aos canteiráns”, suliñou. 

O canteirán restou importancia aos resultados: “Nos primeiros amigables comezamos con vitoria, pero na pretempada non é tan importante o resultado, o último partido custou un pouco máis, pero en termos xerais ben”, engadiou. 

Con respecto ás súas opcións de seguir no Celta quixo deixar claro que “é o clube no que levo 14 anos e aquí sempre estou ben. Cando saín tratáronme sempre moi ben, pero a miña casa sempre será esta”, finalizou. 



0 comments:

Publicar un comentario