Oficial | O Celta traspasa a Raúl Blanco ao Casa Pía


 


O RC Celta e Casa Pia AC acordaron o traspaso do mediocentro, Raúl Blanco. O capitán do Celta Fortuna inicia así unha nova etapa na súa traxectoria deportiva nun equipo que milita na Primeira División portuguesa.

Raúl Blanco leva ligado ao RC Celta desde os 8 anos cando chegou aos benxamíns na Madroa. Desde ese momento demostrou un innegable talento que o levou a colocarse como o líder do filial celeste. En total son 150 partidos e máis de 9.500 minutos defendendo a camiseta do Celta onde puidemos gozar da súa zurda, a súa habilidade co balón e a súa precisión. Sen dúbida, o broche de ouro da súa etapa no club foi esta incrible tempada co Celta Fortuna na que chegaron a clasificarse para Play-off de ascenso a Segunda División.

O RC Celta quere agradecerlle ao canteirán o seu esforzo, compromiso e comportamento exemplar ao longo de todos estes anos e desexarlle moita sorte e éxitos nesta nova etapa que agora emprende.

0 comments:

Publicar un comentario