Iván Villar: "Queremos seguir dando pasiños nesta Copa"


Foto: EFE

Iván Villar voltou a ser titular na Copa, e ao remate do encontro analizou para Celta Media o sucedido no terreo de xogo: “Estamos moi satisfeitos, moi contentos, viñamos a gañar, temos moita ilusión e queremos seguir dando pasiños nesta copa”, analizou. 

Sobre o triunfo céltico apuntou que “o partido puxosenos de cara con eses goles tan cedo, pero o Valencia soubo reaccionar e meteunos atrás. Soubemos sufrir no peor momento e ao final conseguimos o 1-3 que nos deu tranquilidade”, suliñou. 

Por último enviou un mensaxe para a afección: “Queremos darlle as alegrías que merecen, o ano está sendo moi duro, tanto para eles como para nos, e a ver se ven un partido en Balaídos”, rematou referíndose á posibilidade de que o seguinte encontro da Copa sexa na casa. 

0 comments:

Publicar un comentario