Hace unos días os hablábamos del grupo de aficionados críticos con Carlos Mouriño que habían empezado a organizarse con el objetivo de lograr que el Celta cambie de manos. En su momento anunciaron una serie de comunicados, y han enviado el primero a los medios de comunicación.
Bajo el nombre “Resistencia Celta”, esta organización anuncia que será el primero de los tres comunicados que harán llegar en las próximas fechas convencidos de que “un cambio de manos es crucial para impulsar una nueva era de éxitos deportivos, transparencia y participación de los seguidores en las decisiones clave del club”.
Pero este grupo no parece conformarse con la crítica. En su comunicado, que es una enmienda a la totalidad de la gestión de Carlos Mouriño, comunican su “firme intención de comprar el resto de acciones para dotar al Real Club Celta de un proyecto donde el equilibrio entre lo económico y lo deportivo deje de ser una quimera”.
Resistencia Celta destaca en su comunicado los puntos clave de lo que debe ser el club, poniendo en valor la transparencia, la sostenibilidad financiera, el desarrollo deportivo y la participación de los aficionados.
A continuación podéis leer el comunicado al completo.
En primeiro lugar, Resistencia Celtista quere desmitificar que Carlos Mouriño Atanes salvase ao Real Club Celta da súa desaparición, ao contrario, estivo preto de contribuír a ela. Probablemente ese mantra fose asumido por parte do Celtismo debido a que o actual presidente usou a mesma estratexia de Göbbels, que afirmaba: unha mentira repetida mil veces convértese nunha verdade. Pero a realidade é ben distinta.
Non é desestimable que no momento no que fai coas rendas do clube o equipo atopábase en Primeira División e clasificado para disputar a Copa da UEFA. Ademais, contaba cun plantel cun valor de mercado importante - 47,90 millóns de euros segundo o portal Transfermark-.
Negociación para o traspaso de poderes
Naquela época o actual presidente anunciou que quería darlle un impulso á institución na procura de títulos. Esas declaracións foron recollidas por innumerables medios de comunicación e aínda hoxe pódense contrastar tirando de hemeroteca. . Mouriño promete títulos Por outra banda, adoptou o lema Celta 100% Vigo e prometeu un tipo de xestión deportiva baseada no modelo inglés, o que equivale a apostar por adestradores de longa duración outorgándolles un gran poder de decisión na planificación deportiva. . "Instauración' del sistema 'Inglés"
Carlos Mouriño Atanes adquiriu o club no ano 2006 por unha suma próxima aos 4 millóns de euros, tras pertencer ao Consello de Administración do Real Club Celta durante catro anos, cando o comandaba Horacio Gómez, en consecuencia, coñecía perfectamente a situación financeira á que se enfrontaba.
Desde o inicio do seu mandato incrementou considerablemente a débeda. Fichou a Anderson Luiz de Carvalho (Nené) por 4.5 millóns de euros + Toni Moral, por poñer un exemplo. Aínda por riba non actuou para reducir a elevada masa salarial que tiña o plantel no ano 2006/2007 e para máis escarnio, tras
destituír a Fernando Vázquez, asinou a Hristo Stoichkov cunha ficha desorbitada.
Unha vez consumado o descenso a Segunda División, Carlos Mouriño Atanes continuou coa súa política de fuxida cara adiante pagando traspasos e salarios moi altos por xogadores como Rubén González, Danilo Sacramento, Antonio Notario, Dinei, Rubén Peña, Ariel Rosada e un longo etcétera.
"Hai jugadores que son baratos y al revés", comentou Ramón Martínez en referencia ao desembolso para fichar a Ariel Rosada. Faro de Vigo 23-01-2008. Descoñecemos o baremo de que era caro ou barato para un secretario técnico como Ramón Martinez que se embolsaba ao redor de 300.000 euros por tempada en Segunda División, o equivalente ao que gaña hoxe en día Gabri Veiga. Fichajes caros, declaraciones y decisiones
O que si que coñecemos é que en dous anos e medio con Carlos Mouriño Atanes ao mando o Real Club Celta incorporou ás súas filas a trinta futbolistas e seis adestradores, chegando a ter 10 estranxeiros no plantel o que supoñía o 43,5% do mesmo durante “a súa decidida aposta pola canteira”. E o diñeiro para semellante dislate saíu das arcas do clube, non do peto do empresario que fixo fortuna en Campeche perseguido pola sombra dos escándalos. En definitiva, a súa xestión foi totalmente neglixente xa que o clube atopábase en causa de disolución moito antes de acollerse á Lei Concursal e non optou por esa opción ata que a caixa da institución estaba chea de teas de araña, xa que temía ser xulgado do mesmo xeito que o seu predecesor Horacio Gómez. Nunca apostou pola canteira ata que non quedou máis remedio que acudir a unha quinta de rapaces da contorna liderada por Don. Iago Aspas Juncal para poder completar un once que saíse ao campo para xogar un partido de fútbol. Tratábase dunha necesidade, xamais dun plan ben artellado.
Baixo o seu mandato o regreso a Primeira División foi o máis longo nos últimos 50 anos e cabe lembralo porque na súa última rolda de prensa mencionou que él era o primeiro presidente en manter ao Real Club Celta durante once tempadas consecutivas en Primeira División. Realmente tras catros descensos evitados ao límite e cinco anos consecutivos nas catacumbas de Segunda División, probablemente sexa lembrado como o mandatario que desaproveitou a Don. Iago Aspas Juncal, un dos mellores xogadores da nosa historia, quen realmente fixo posible os milagres dos que presume o de Campeche.
Con todo, o máis grave é que Carlos Mouriño Atanes, a través da súa empresa Grupo Corporativo Ges SL. fíxose co 24% das accións de Abanca por un importe de 5,5 millóns de euros no ano 2014 e pasou a controlar o 51,2 % dos títulos do club. Esa acción non sería punible se antes non contribuíse ao endebedamento do mesmo. Por ese motivo, debería repoñer o que dilapidou, bastante máis de 5.5 millóns de euros, reestablecer o prezo nominativo de 60 euros por acción no canto do de 10 euros que teñen na actualidade tras a súa manobra para depreciarlas en 2009 e por último devolvelas á masa social do clube xa que foi rescatado cos aforros que os cidadadáns tinhan en Caixanova (agora Abanca). Unha masa social composta por afeccionados e simpatizantes do Real Club Celta que fixeron posible que a última hora reunísese o capital necesario para a conversión da institución en SAD en 1992, por mandato do Consello Superior de Deportes. Esa mobilización evitou que o histórico equipo galego descendese ao fútbol amateur.
Ademais, o valor do Real Club Celta non llo outorgan unicamente as accións senón os seus 100 anos de historia, os seus socios e simpatizantes e ser un dos estandartes culturais de Galicia. A iso hai que sumar instalacións deportivas como as de Barreiro, A Madroa e Balaídos, financiadas con diñeiro público polas que Carlos Mouriño Atanes non paga absolutamente nada e que aínda por riba utiliza como arma de confrontación política.
Conseguiu sublevar aos comuneiros de Tameiga cunha manobra totalmente ilegal referendada polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia tras tentar algo parecido décadas atrás en Nigrán, sempre ligado ao mesmo partido, ao que lle cede A Sede para facer seus meetings. E para colmo aparece co proxecto Galicia Sport 360 que ninguén entende se non é para dar outro pelotazo e tentar regularizar o desfalco de Mos ao amparo do subterfugio de “proxecto de interese autonómico”. Cabe destacar que a sociedade Galicia Sport 360, constituída o 6 de Abril do ano 2022, ten como principal actividade “a realización, organización e explotación de actividades recreativas e de entretemento”. As palabras fútbol ou deporte non aparece mencionadas por ningún sitio. Permítasenos dubidar de que unha especie de parque de atraccións sexa realmente un proxecto de interese autonómico.
Tras os motivos expostos neste comunicado, entendemos que Carlos Mouriño Atanes foi, é e será un perigo para o Celtismo e esiximos que se faga responsable da débeda que xerou ao club devolvendo parte do paquete accionarial á súa masa social. Por último, comunicamos oficialmente nosa firme intención de mercar o resto das súas accións para dotar ao Real Club Celta dun proxecto onde o equilibrio entre o económico e o deportivo deixe de ser unha quimera.
0 comments:
Publicar un comentario