Coma Pinocchio Sen Geppetto


Foto: Mike Hewit
Cando un escribe un artigo, e máis cando a súa audiencia presupónselle bastante numerosa, debe escoller as palabras que vai empregar moi coidadosamente. E non soamente iso, senón que ese coidado debe  extrapolarse tamén á temática do propio artigo, a maneira de expoñelo e desenvolvelo, e a mensaxe final que se quere transmitir. Pero ese coidado, xa de seu exhaustivo, debe incrementarse cando a persoa sobre a que trata o propio artigo é extremadamente novo, ou esta no disparadeiro constantemente. Prometo tamén que este artigo vai ser o único que dedique a esta persoa en particular. E dentro da miña responsabilidade como redactor deste artigo gustaríame - na medida do posible-  que alguén do propio persoal da casa Celta o lese e valorase a mensaxe que tento transmitir. E se alguén ten algunha dúbida, efectivamente, xa lles comunico que lles vou a compartir a miña visión sobre  Emre Mor e o fútbol. A partir de aquí, e en diante, non falarei de él  moito máis. Prometido. Non vou converter algo q nun  monotema.

Vivimos nunha sociedade demasiado mediática, demasiado social, demasiado comunicada nalgúns aspectos. O exceso de comunicación é prexudicial. Tanto que a intimidade (que é un dereito universal) xa  asemella un ben que empeza antollarse escaso, moi pouco coidado, e con demasiadas xanelas ao exterior.  Como di un amigo meu, calquera rede social é o máis parecido a un invento  demoníaco. Non lle falta razón.

E o fútbol non é máis que parte dese problema. Parecemos pitos sen cabeza, tanto os membros da afección como os propios xogadores. Estamos demasiado pendentes de cousas que teñen pouco ou nada que ver co fútbol. Cousas que son  unha parte do  diorama, unha parte do panorama pero que non ten nada que ver co desenvolvemento do propio xogo. E quedámonos demasiado no accesorio, no que externo, no que o rodea e cada vez menos no maxín, no partido e no equipo... e nas persoas. Hai xente que  escribe comentarios nesta web que din, con bastante acerto desde o meu punto de vista, que o que interesa sobre todo é o colectivo, e non tanto o individual. Pero con todo iso o individual causa morbo, o individual está aí. Sexa  ensalzable  ou  censurable. Ese é o perigo que ten en si mesmo o fútbol. O fútbol moderno 2.0. O  futbol social. Ou  idolos, ou bonecos para  mamporrear. Parece que o termino medio non se  estila.

 O  Futbol mata moitas cousas. Por exemplo: o natural e honesto sentimento de querer ser novo. E a tolemia - sá dende algún punto de vista - dalgún dos actos que un executa nesa etapa da vida.  O fútbol profesional moderno en certa maneira elimina a mocidade e converte a mozos, algún deles bastante inmaturo, en simples engrenaxes dunha máquina cuxo xénese xa non é o deportivo, senón a xeración de beneficios e plusvalías.  Emre ten todas as calidades para sacar un astro mundial. Ou case todas. Pero faltáballe máis importante, que é a madurez. E é difícil ser maduro con 21 anos. Porque moitas veces a esas idades non só precisas que che censuren, se non que o que máis necesitas é alguén que che que  guie, que estableza parámetros, sistemas de referencia moral e de comportamento. Persoas que che ensinen a coidarche no físico, pero no mental tamén. Sei que hai membros do persoal e o corpo técnico que len esta páxina. Gustaríame que eles fosen os  transmisores desta mensaxe. A  Emre hai que coidalo. Esixirlle, pero coidalo. Necesita axuda. Poida que teña máis diñeiro do que eu terei en tres vidas pero iso non significa necesariamente que este a gusto con todo o que lle rodea. Quizá necesita algo que non se pode comprar facilmente como é o apoio, o agarimo, a comprensión, un teléfono ao que chamar cando un sentese só ou perdido. E por iso aínda que me consta que a axuda non lle falta, pido un esforzo.   Gustaría que os máis veteranos e que son da casa axudásenlle aínda máis se cabe. E que o fagan independentemente do resultado deportivo que podamos obter. Que o fagan porque no fondo eu percibo un mozo que está perdido. Alguén a quen non lle sae nada. Alguén que está lonxe de casa.

Durante a miña vintena de anos, por circunstancias persoais, -E permíteanme aqui un pequeno impass  autobiográfico -  sufrin varias perdas de persoas que foran parte da referencia na miña educación. Perdelas, estar lonxe mentalmente dos valores que che viron crecer,  estár lonxe de casa no mental foi  unha sensación para a cal non tiña unha definición concreta e exacta. Con todo o outro día atopeilla por pura casualidade. Eu  fora unha marioneta á cal lle cortaron os fíos e caeu inerte sobre o chan da realidade. Sen vida propia aparentemente. Buscando quen a movese e déselle de novo impulso para camiñar.  Como un boneco sen  titiritero. Un Pinocchio sen maxia nin titiriteiro que o movese.

Non fagamos o mesmo. Non o fagamos con Emre. Non convertamos a  Emre nun dos moitos xoguetes estragado e rotos almacenado no soto máis escuro do fútbol profesional. Non convertamos a un mozo danés, de ascendencia turca, nunha marioneta inerte e inútil.  Démoslle apoio, agarimo, confianza. Fagamos ese esforzo todos. Independentemente do seu  éxito. Polo menos, gañémonos un amigo.  Non convirtamos a  Emre noutro  Pinocchio sen o seu  Geppetto

0 comments:

Publicar un comentario