Foto: LFP |
O Celta apostou nos últimos anos por varios porteiros da canteira, entre eles Yoel Rodríguez, que este sábado voltará a Vigo nas ringleiras do Eibar, aínda que é pouco probable que xoge coma titular. O gardamallas de Coia defendeu no programa Galicia en Goles da Radio Galega o valor dos porteiros do equipo vigués:
“Ascendemos e os anos anteriores a portería sempre estivo defendida por xente da casa. Non fai falla fixarse nos porteiros de fora, hainos na casa e son grandes xogadores”, defendeu Yoel que aproveitou para celebrar a renovación de Sergio: “Felicitoo porque vai seguir na que é a súa casa. Sergio, que é un gran porteiro, chegou a un acordo co club, iso é o máis importante”.
Tamén tivo palabras de eloxio para Iago, de quien se sorprendeu de que a selección “non o teña chamado sendo máis novo xa que sempre foi un gran xogador”, e para Hugo Mallo: “É un gran amigo e está a un gran nivel”, resumindo destes xogadores que “é importante que sexan xogadores que sintan as cores. Son dous referentes para o Celta”, concluiu.
0 comments:
Publicar un comentario