A Liga anunciou ao tres aspirantes a levar o galardón de LaLiga ao "Mellor Adestrador de Xaneiro", un recoñecemento para o que foi proposto o técnico celeste Eduardo Berizzo xunto a Sampaoli, do Sevilla, e Zidane, do Real Madrid.
A candidatura do 'Toto' non debería sorprender, e é que o ex xogador céltico e agora adestrador do primeiro equipo asinou un espectacular mes de Xaneiro co Celta: 6 vitorias, 1 empate e tan só 1 derrota. Ademais, o conxunto galego eliminou ao Real Madrid da Copa do Rei, clasificándose ás semifinais do torneo por segunda tempada consecutiva.
0 comments:
Publicar un comentario