Foto: Miguel Riopa/Getty Images |
En calquera caso, con cada partido xa finiquitado remata o momento do esforzo físico e da táctica e empeza un
período de reflexión que sempre é importante. Que ninguén pense que as próximas
vitorias non van ter como xénese algunha derrota presente ou pasada . Só a
través dunha derrota un pode realmente aprender dos seus erros e convertelos
en virtudes cara ó futuro.
Cabral dicía esta
mañá que se pode seguir soñando na Europa League. Eu atrévome a matizar da frase. Debemos seguir
soñando. Na adversidade é cando realmente esta afección históricamente estivo
máis vinculado ao equipo. Estou seguro
que esta vez non vai ser menos. Nin antes eramos tan bós como algúns querían
facernos ver nin agora somos tan malos como outros están a intentar vender.
Sei que algunhas veces é difícil atopar folgos para animar a un
equipo. E unha tarefa complicada con tanta información manipulada e tanta controversia. Moitas veces enxendrada por algún 'xornalista' ( as comillas son unha xenerosidade, a miña boa acción do día) que mancilla a profesión cando exerce de noxento 'hooligan' ou bufandero en determinados medios da capital. Tamén iso e parte do post - xogo, ¿Por qué? ... Sinxelo: porque interesa.
A fin de contas, vivimos nun estado onde vende más libros Belén Esteban que Mario Vargas Llosa.
A fin de contas, vivimos nun estado onde vende más libros Belén Esteban que Mario Vargas Llosa.
A adversidade é un
estado propio ao fútbol, inherente ao xogo, interesante mesmo dende o punto de
vista psicolóxico. E ahí é onde debemos
estar a afección, proporcionando un intento de inflexión ou un matiz diferencial. O celtismo non entende de baixar os brazos,
non entende de deixarse vencer, non entende de imposibles. O celtismo debe
saber que a adversidade é só un banzo e non un muro infranqueable. Debemos creer
para poder chegar. Quen non imaxina a
viaxe nunca empeza a percorrer o camiño.
Dicíao o propio
Winston Churchill: As cometas elévanse
máis alto en contra do vento, non ao seu favor.
Quizá este equipo -que fixo un mes de xaneiro a tan absolutamente impresionante- necesite durante
este mes de febreiro que a súa afección entenda que o límite entre o ben e o
mal márcao o alento do afeccionado. Por iso probablemente necesitemos creer que
se pode, e que o noso alento e apoio non deixará de ser visible e ceibe… como unha cometa ondeando e bailando no ceo.
Un ceo
evidentemente azul celeste.
0 comments:
Publicar un comentario