Foto: Manuel Queimadelos Alonso/Getty Images |
Os xogadores Santi Mina e Álex López non estarán coa selección galega o vindeiro venres, segundo informou no día de onte a Radio Galega a través do programa Galicia en Goles. No caso do ferrolán a súa ausencia está máis que xustificada, tendo en conta que o Sheffield Wednesday está pelexando polo ascenso á Premier League. No caso de Santi Mina, o futbolista vigués está de xira co seu equipo en Singapur, motivo polo que tampouco poderá xogar o venres en Riazor.
Quen tamén pode faltar no partido perante Venezuela é Roberto Lago, xogador do Getafe, que se segue a recuperar dunha doenza que lle impediu xogar nos últimos partidos da tempada.
0 comments:
Publicar un comentario