![]() |
Foto: Juan Carlos Vázquez |
O Real Club Celta presentará diante do Comité de Competición alegacións ó segundo cartón amarelo que viu o defensa Jonny Otto, e que lle supuxo a súa expulsión do partido que o disputou o cadro celeste o pasado domingo en Sevilla, e que lle impedirá xogar contra o Barcelona mañá mércores.
Segundo a acta do partido, o xogador céltico foi amonestado polo colexiado aragonés Jaime Latre por “derribar a un contrario en la disputa del balón”, no minuto 88, motivo polo cal foi expulsado ao seren o seu segundo cartón amarelo no partido. O Comité reunese hoxe e tomará unha decisión antes do comenzo da xornada.
0 comments:
Publicar un comentario