Foto: Adrián Irago |
Sergio Álvarez era un home feliz esta tarde despois de asinar un contrato que o vincula co Celta ata o 30 de xuño de 2018. En declaracións a Celta TV, o de Catoira non ocultaba a súa ledicia: “Sempre o dixen, que se querían que seguirse aquí estaría encantado. Foi sinxelo, chegamos a un acordo moi rápido. Estou contento por seguir tres anos máis aquí e seguir construindo un Celta máis forte. Pelexar por este clube é un orgullo para mín”, suliñou.
A diferencia doutras ocasións, o contrato é de longa duración, algo que tamén apreciou Sergio: “Son tres anos, diferente a outros anos nos que era dun ano. O clube fixo unha aposta por mín, demostrando que confía en mi. Agradecereillo sempre dentro do terreo de xogo co meu traballo, co meu esforzo diario para tentar que o Celta sega crecendo e sigamos pelexando xuntos moitos anos cun proxecto máis ambicioso cada ano”, explicou.
Por último referiouse aos obxectivos para o vindeiro ano, igual que Cabral en rolda de prensa, ceñiuse a mensaxe institucional: “Hai que ter os pes no chan, sabendo que o principal é conseguir eses 40 ou 42 puntos que dan a permanencia e despois ilusionarnos como a tempada anterior, onde todo saiu moi ben a pesar daquel pequeno bache. Este ano coa continuidad de moitos xogadores e do adestrador poderemos ilusionarnos a partir de conseguir o obxectivo da permanencia”, finalizou.
0 comments:
Publicar un comentario