Hugo Mallo, cunha escordadura de nocello despois do amigable


O partido xogado esta tarde polo Celta, ademáis das malas sensacións que deixou o xogo do equipo tivo consecuencias na enfermería do equipo.

Hugo Mallo, mancado no transcurso do partido, tivo que deixa-lo terreo do xogo despois dunha entrada dun rival cando se dispoñía a centrar. O parte médico fala dun esguince no seu nocello dereito. Queda pendente da evolución e das probas médicas para determinar a duración da súa baixa.

0 comments:

Publicar un comentario