O Genoa, posible rival do Celta no Memorial Quinocho


A falta de confirmación oficial por parte do clube, o Genoa italiano podería ser o rival do Celta no Trofeo Memorial Quinocho, que se xogará en Balaídos no mes de agosto. Dende a cidade da lanterna anuncian un partido amigable en Vigo o día 14 de agosto, o segundo venres do mes, que encaixa perfectamente na celebración deste tradicional torneo, que o ano pasado tamén tivo coma rival a un conxunto italiano: O Cagliari. 

O Genoa foi o equipo revelación da Serie A durante a pasada tempada. O equipo rossoblue, onde xogaba o vigués Iago Falque, rematou na sexta posición da tabla clasificatoria, moi preto dos postos europeos. Juventus, Roma e Lazio xogaron a final, mentras que a Fiorentina e o Napoles foron á Europa League. O Genoa tamén acadou a clasificación xa que a Juventus gañou a Copa e clasificou para a Champions, pero a UEFA non lle autorizou a licencia internacional para participar porque o Genoa presentou a documentación correspondente fora do prazo estipulado, ademáis de que o seu estadio non reúne as condicións. Para maior escarnio, a séptima praza recaeu no séptimo clasificado, o seu eterno rival, a Sampdoria, que comparte estadio co Genoa pero indicou que utilizará o estadio de Sassuolo en competicións europeas. 

Ó marxe desta anécdota, o Genoa gañou a liga italiana en nove ocasións, só superado polos tres grandes de Italia: Juventus, Inter e Milan. Sería un rival de entidade para un torneo que cada ano mellora a súa participación.  En un principio se hablaba del Palermo como rival en el Quinocho. 

0 comments:

Publicar un comentario