A Deputación anuncia o novo Balaídos cunha foto do proxecto para o Mundial de España e Portugal de 2018


O pasotismo mostrado durante meses pola Deputación de Pontevedra con respecto á remodelación de Balaídos. Durante moitos meses xogou ó despiste, unhas veces dicía que si e outras que non. Certo que o comportamento de Abel Caballero, saltándose a súa presenza na inauguración das obras de Río non axudou. Unha vez pasadas as eleccións, e polo medo a que fosen outros os que estivesen no goberno, Louzán lanzouse a asina-lo convenio que poñía en marcha a remodelación. 

E non tardaron en facernolo saber a todos con publicidade nos medios de papel. Esta folla que vedes aquí corresponde ó Faro de Vigo, onde se ve unha foto do actual Balaídos, cheo de políticos, e unha fotomontaxe do proxecto ideado para o Mundialque se debía celebrar en España e Portugal en 2018 e que finalmente será en Rusia. A montaxe é do ano 2009, e nunca pasou de ser iso. Nótese o compromiso da Deputación con Vigo e co Deporte. 

Vaia por diante que se a deputación non se entera, o Concello tampocou se pode rir. Fai uns meses, moito antes de te-la financiación para reforma-lo estadio, colgou unha valla na que anunciaba a debandita reforma, e nela incluían unha foto pertencente a un proxecto privado, que nada tiña que ver co proxecto presentado polo Concello e polo club. En fin, que o importante e facer vallas e poñer anuncios. Para iso dan os cartos. Podemos entendelo, pero polo menos esforcénse un pouquiño. 

0 comments:

Publicar un comentario