![]() |
Foto: RFEF |
Nolito e o canteirán Jonny son os protagonistas desta imaxe dun gran valor que mostra o crecemento do Real Club Celta, sempre da man dunha afección envorcada, non só no apoio ao equipo, senón tamén no coidado e potenciación da canteira e os proxectos do club.
O lema da campaña de abonados da pasada tempada, orgullosos dos nosos, engarza a través destas fotografías co da próxima, Crecemos Xuntos. A campaña para a próxima tempada comezou días atrás con vantaxes e descontos ata o 30 de xuño e con numerosas novidades encamiñadas a mellorar a atención e o servizo aos integrantes da familia celeste.
Nota de prensa
0 comments:
Publicar un comentario