Foto: Rayo Herald |
Un ex xogador do Celta convertiuse no mellor pasador do campionato que recentemente rematou. Roberto Trashorras, actualmente no Rayo Vallecano, foi o futbolista que máis pases deu ó longo do presente curso, destacando como peza chave no engranaxe do conxunto dirixido por Paco Jémez, que ao igual que o Celta, aposta por un fútbol combinativo no que o toque de balón ten unha importancia capital.
Roberto Trashorras atópase totalmente adaptado ó estilo de xogo vallecano. Plenamente identificado tamén co que represente o clube da franxa vermella, Trashorras vivíu a súa cuarta tempada no clube capitalino, a donde chegou procedente do Celta despois de sair de Vigo no verán de 2011 dun xeito un tanto abrupto.
A súa adaptación ao Raio, adestrado entón por Sandoval, foi moi rápida, convertíndose nada máis chegar ao conxunto da franxa nun xogador moi importante, pero o seu ascendente dentro do vestiario vallecano foi medrando ano a ano. Aos seus 34 anos é un xogador maduro futbolísticamente, que deixou atrás algunhas carencias que limitaban o seu xogo, e podemos dicir que se atopa no mellor momento da súa carreira, tanto por rendemento como pola súa confianza.
En Vigo mostrou rexistros moi interesantes en canto a calidade e toque, pero estivo pior noutros aspectos do xogo, especialmente en tarefas defensivas ou en canto ao despregue físico. Sen embargo, en Vallecas puido dar o mellor de sí mesmo dende o primeiro momento, chegando ao cumio da súa carreira.
0 comments:
Publicar un comentario