Foto: Salvador Sas |
O Celta voltou onte ó traballo e Sergio Álvarez foi o protagonista na sala de prensa da Madroa. O gardamallas de Catoira destacou a melloria do Deportivo con respecto ó partido da primeira volta, pero tamén suliñou o empuxón anímico que supuxo a vitoria perante o actual campión da Liga: “Afrontaremo-lo derbi coma un partido importante pero sen volvernos tolos porque ó final só son tres puntos. Chegamos con moi boas sensacións porque gañarlle a todo un Atlético de Madrid e con ese rendemento é un espaldarazo”, comentou o meta.
Para conquerir ese trunfo, foi vital mante-la filosofía do equipo, segundo Sergio: “Logramos impoñer o noso xogo, o noso criterior e os xogadores do Atlético estaban un pouco perdidos. Foi un dos nosos mellores partidos da tempada”, recoñeceu. Con respecto ó rival destacou a súa melloría: “Mellorou bastante respecto á primeira volta. Comezou a Liga con un novo adestrador e moitos xogadores novos, pero tivo paciencia e despois reforzouse moi ben neste mercado invernal”, concluíu.
0 comments:
Publicar un comentario