Foto: Salvador Sas |
Unha xornada máis, o Celta volveu ser un desastre táctico, e unha escadra con moi pouca intensidade. Non pinta nada ben a dinámica na que está a entrar o equipo, que o pasado domingo salvouse de casualidade de perder un encontro completamente vital, deses nos que de ningún xeito se pode fallar. Os primeiros minutos foron un completo despropósito. Sen a máis mínima intensidade defensiva, e con erros gravísimos na retagarda viguesa, o Osasuna parecía un equipo grande, asolagando ao seu rival lonxe de Pamplona. Antes do gol de Augusto, os navarros podían ter sentenciado o choque sen facer un gran partido, unicamente aproveitando o mal partido do equipo local.
Costas e Aurtenetxe foron un auténtico choio para os dianteiros visitantes, e Fontás e Jonny outro tanto, aínda que en menor medida. Incluso Oubiña, que ofensivamente moveu o balón co criterio que o caracteriza e foi un día máis o verdadeiro timón do equipo, estivo desastroso en defensa. Creo con total seguridade que Cabral debe ser titular neste equipo, a pesar de que vaia a erro garrafal por partido. Co do lateral esquerdo hai un serio problema, existente dende que se deixou marchar a Roberto Lago. O ano pasado, o vigués realizou unha campaña mediocre para o que se nos tiña acostumados, pero aínda así melloraba con moito o que se puido ver este ano por ese costado. Aurtenetxe tivo o sábado algún erro de alevín en algunha cobertura, ao máis puro estilo Toni, algo imperdonable nesta categoría. Penso que no fútbol español actual hai unha grave carencia de entrenamento defensivo, e claro exemplo desto é o Celta de Luis Enrique, porque home por home non creo que teñamos un nivel excesivamente baixo.
Tamén estiveron fatal na presión os homes de arriba. Utilizando unha presión parcial na que se demostrou unha falta de entrenamentos adicados a esto terrible. Orellana a veces ou outras veces Mina apretaban en solitario aos defensas do Osasuna, sen a máis mínima opción de recuperar o balón, loxicamente. Non sei que entrenará este home, vendo que tampouco traballa situacións de partido cun home menos nin estratexia, aínda que eso xa é outra historia...
Deixando de lado a zona defensiva, en parcela ofensiva as cousas non saíron moito mellor. Cun Krohn-Dehli e un Orellana que a pesar de ser homes non moi do agrado de Lucho, creo que foron do mellorciño do Celta o domingo. Eso si, o asturiano prefireu prescindir deles que de Rafinha e Nolito (este último entrando dende o banco), dous xogadores do seu agrado que parecen intocables, ao igual que Fontás (no caso do catalán enténdoo un pouco máis). Aínda que o chileno e o dinamarqués foron dos que máis o intentaron, non colleitaron moito éxito nas súas tentativas. O Celta atacou sin ritmo, en momentos do encontro con moita posesión de balón pero xogando con moita amplitude e sen apenas profundidade. Tocaban o balón dun lado a outro continuamente, sen a velocidade suficiente para desmontar as liñas defensivas do Osasuna en busca de ocos.
En resumo, ofensivamente tivemos un churro que acabou en gol (previa xogada de córner un tanto desconcertante), unha xogada na que Nolito se aproveitou da pasividade da defensa rival e un testarazo de Mina, que Andrés Fernández mandou a saque de esquina. Pouco máis, nun encontro que era de gañar si, ou si. Comeza a ser preocupante a marcha do equipo na liga, incapaz de gañar en casa contra rivais da zona baixa, e o que é peor: sen un patrón de xogo claro. O Celta non sabe nin como defende nin como ataca, é un equipo sin alma.
0 comments:
Publicar un comentario