Celta e Compostela homenaxearán ás vítimas de Angrois o 4 de setembro en San Lázaro


AUGUSTO BALDI

O Real Clube Celta de Vigo e a Sociedade Deportiva Compostela disputarán o vindeiro 4 de setembro a partires das 21 horas un partido de homenaxe ás vítimas da traxedia ferroviaria de Angrois (Santiago de Compostela) do pasado 24 de xullo. O encontro, que se disputará no Multiusos de San Lázaro, servirá tamén como recoñecemento para todos aqueles profesionais e cidadáns anónimos que auxiliaron aos accidentados tralo terrible suceso.

Dende o mesmo día do accidente, moitos afeccionados demandaban dende as redes sociais a realización dun evento futbolístico en memoria das vítimas. Barallouse a posibilidade de celebrar un triaungular entre o Compostela e os dous equipos hexemónicos de Galicia, o Celta e o Deportivo, pero finalmente serán os vigueses os que acodan á capital galega para disputar un único amigable contra a escadra santiaguesa.

0 comments:

Publicar un comentario