El rincón del celtista (Capítulo XXI): Antón Pérez Castro


Foto: Antón xunto a Paco Herrera

Inauguramos en Moiceleste una sección dedicada única y exclusivamente a las personas que hacen posible la existencia del Celta y por ende de esta web: el celtismo. Desde "el rincón del celtista", trataremos de acercaros semanalmente a todas aquellas personas que viven, sienten, disfrutan y padecen por el Celta. Cada miércoles, os traeremos una entrevista personal con uno de esos tantos y tantos personajes anónimos que conforman esta gran familia, esos pequeños planetas independientes que configuran el universo celeste. Aquí, el protagonista no son los jugadores, entrenadores o directivos. El protagonista eres tú, porque el Celta eres tú.

Antón Pérez Castro, de 16 anos de idade, é un deses celtistas de estrada, de coche, tren ou autobús, dos que se percorren Galicia por partida dobre cada dúas semanas para poder estar ao carón do seu equipo. 150 kilómetros en total para cubrir por dúas veces a distancia que separa Vigo de Melide, un pequeño pobo situado na intersección das provincias de Pontevedra, Lugo e A Coruña, pero pertencente a esta última.

ACTUALIDADE

Días convulsos en Casa Celta. De acordo coa destitución de Paco Herrera?

Para nada. Penso que é unha decisión incomprensible tomada sen meditar e máis cando o presidente hai uns meses quería renovalo.

Como valorarías os seus dous anos e medio no Celta?

Deixou moitas alegrías, seguíu confiando no fútbol de Eusebio, fixo medrar a grandes xogadores como Aspas, Tuñez, Álex López  e sobre todo soupo cómo erguer ao equipo cando foi preciso.

Que che parece Abel Resino? É o revulsivo que precisa o equipo?

Unha malísima decisión. Non é un adestrador que aposte polo fútbol que lle gusta facer ao Celta. A súa filosofía non vai funcionar porque é un entrenador que fai un fútbol defensivo e o Celta non sabe, non ten equipo para eso. Penso que no é o que precisa o Celta.

Que opinión che merece Salva Ballesta? Actuou ben o Celta non permitindo a súa chegada?

Salva é unha persoa que quedou na época de Franco e xente coma esa non merecen entrar en Balaidos. Que vaia cos ultras do Real Madrid que alí seguo que é ben recibido. Aquí en Galicia non creo que haxa moita xente que quería a este tipo de persoaxes. É a única boa decisión que fixo esta directiva que enganou a moitos celtistas.

Que che pareceu o partido fronte ao Getafe?

Comezamos ben, tocando, parecía que íamos a polo partido. Pero tivemos uns erros enormes na defensa e no medio do campo, perdendo balóns que poden causar moitos goles. Iso matounos na primeira parte.  Na segunda o equipo saiu desganado. Non se pode xogar andando.

A quén responsabilizarías da derrota?

Ao equipo en xeral, aínda que máis ao medio do campo e á parcela defensiva, xa que se perderon moito balóns como dixen anteriormente. Doutra banda, se non chegan balóns arriba pouco poden facer os xogadores de ataque.

Entendiches o troco de Aspas? Tal e como manifestou Herrera, está o moañés nunha nube? Debe ser intocable?

Por suposto. Aspas está mal e necesitaba ese toque de atención por parte do mister. Ningún xogador no Celta debe ser intocable. Se leva facendo malos partidos é normal que o cambien.

Como valoras o debut de Santi Mina? Debería ter máis oportunidades?

Sempre me gusta que os xogadores das categorías inferiores debuten e conten con minutos. Pero ten que ser en certos partido, non nun como o de Getafe Mellor en encontros nos que o resultado acompañe.

Titula el Getafe 3-1 Celta

Un partido malo en defensa do Celta mata o encontró.

Partido vital fronte ao Granada: adestrador novo, victoria segura?

Non, eso non ten que ver. O que se ten que notar son as gañas do equipo de conseguir a victoria e deixarse a vida no partido.

Debe haber revolución no once?

Non, penso que o once debe ser o seguinte: Varas, Jony, Cabral, Tuñez, Roberto Lago,  Oubiña, Álex López, Krohn-Dehli, Orellana, Augusto Fernández e Iago Aspas.

Consideras que o club debe levar a cabo unha iniciativa coa intención de encher Balaídos?

Non, simplemente espero que a xente que sempre creeu no equipo dende que estaba en Segunda vaia e anime coma nunca.

Fai un pronóstico do Celta – Granada

Celta 3-1 Granada

Finalmente, salvarémonos? Que tres equipos terminarán descendendo?

Confío nos xogadores, pero non en Abel.  Baixarán Mallorca, Deportivo e Zaragoza.


EL TEST DEL CELTISTA

Dende cando e por que es celtista?

Pois, non o sei. Supoño que son dende pequeno e grazas ao meu primo Simón, meu irmán Roberto e ao meu tío Adolfo.

Un momento inesquecible?

O ascenso.

Un momento para esquecer?

O descenso ou o penalti de Michu en Granada.

O mellor jugador que viches?

Mostovoi, por suposto.

Un gol para lembrar?

O de Aspas no desconto contra o Alavés

O mellor adestrador que pasou por Balaídos?

Que eu recordé, Fernando Vázquez, pero non me esquezo do fútbol de Eusebio.

Revivo ou Gustavo López?

O “Corvo” López.

Arthuro ou Papadopoulos?

“Papa”.

A mellor bancada do estadio?

Marcador.

Un cántico ou unha canción?

“¡¡¡Imos, imos, imos Celta, imos, imos a gañar, que esta hinchada non te deixa, non te deixa non te deixa de animar!!!”

Unha frase ou consello publicitario de Antón López (antigo speaker de Balaídos)?

“¡¡HALAAAA CELTAAAA!!!”

Que serías capaz de facer para que voltase Celestino?

Simplemente facerllo chegar ao presidente de que o queremos.

Define ao Celta nunha frase.

Fútbol de salón.

Todos aquellos que queráis participar en esta sección y ser entrevistados, enviad vuestra petición a una de las siguientes direcciones de correo electrónico: alvaromoiceleste@gmail.com ó alvaro.rodriguez_92@hotmail.com. Gracias.

0 comments:

Publicar un comentario