Unha selección galega dispotou un amistoso fronte a Kurdistán


FDV
O colectivo Siareir@s Galeg@s elixiu Pontevedra para reivindica-lo dereito a que Galiza poida competir internacionalmente con outros países. Para elo, organizou un partido no campo da Xunqueira entre un combinado de xogadores galegos e a selección de Kurdistán. No combinado autonómico hai que destaca-la presenza de xogadores como Roberto Piñeiro e Roberto Feáns, que militan actualmente no Vilalonga. Os afeccionados galegos chegaron dende os diferentes puntos da xeografía galega, xa que o día remataba cun concerto que se celebrou na explanada do Pazo da Cultura da cidade do Lérez. 

0 comments:

Publicar un comentario