LUSA |
Jota foi entrevistado esta noite polos compañeiros de Galicia en Goles na Radio Galego. O canteirán sigue na súa teima de non saír cedido e ten moi claro que é o que quere: "Falei co club e xa lles comuniquei que non ía saír cedido do club. Ou vou traspasado ao Real Madrid ou quedado aquí para buscar un posto", sinalou o centrocampista celeste que explica como se enterou da nova: "Díxomo Herrera en persoa. Tiña claro que non contaba comigo". Á súa vez entende a decisión tomada polo técnico catalán, pero dí que él tamén decidirá: "Ten que tomar decisió, é o adestrador e entendo que as tome, pero eu tamén tomarei as miñas".
O futbolista do Celta descartou calquer outra opción, entre elas a do Lugo: "Non se falou do Lugo, creo que foron rumores normais do fútbol. Agradecerlle ó Lugo o interese pero creo que non houbo ningún achegamento", suliñou. Tamén deixou claro que o Celta non o pode deixar sen ficha: "Teño contrato aquí, ficha teño que ter", advirte, ó tempo que recoñece ter outras ofertas que non lle interesaron: "Tiñamos cousas de Segunda para saír cedido, pero entre o meu representante tomamos esa decisión". Decisión que repetiu casi unha decea de veces durante a entrevista, e mostrouse rotundo: "Agora mesmo a única opción é un traspaso ao Real Madrid".
0 comments:
Publicar un comentario