Sergio: "Non vou baixa-los brazos"


Foto: Marta G. Brea
Sergio Álvarez estivo este mediodía co noso compañeiro Rafa Valero no espazo local de Deportes CoPE Vigo. O de Catoira foi un dos protagonistas da semana tra-la súa suplencia no derbi. O canteirán asegurou que en certo modo "si que esperaba xogar, porque sempre tes esperanzas de xogar, porque estaba xogando. Tiñas moitas ganas, fastidiume no seu momento, pero toca levantarse", asegurou Sergio que recoñeceu que Herrera non lle comentou nada: "Non me dixo nada. Non falou comigo pero cando xogo tampouco me da ningunha explicación", suliñou. 

O gardamallas celeste ten claro cal é a receta para recupera-la titularidade: "Teño que seguir traballando para demostrarlle que sigo ahí e que lle poñerei as cousas difíciles". Con respecto ás extrañas xustificacións que Herrera deu sobre a súa suplencia, por aquilo da altura de Yoel en contraposición coa de Sergio, o canteirán non se molla: "Serán cousas que tivo que analizar o míster. Él saberá o que fixo pero a mín non me ten que convencer para nada, teño que seguir traballando. Sei o que me custou chegar ata aquí e non vou baixa-los brazos" sinalou. 


0 comments:

Publicar un comentario