Por un derbi galego sen violencia


Foto: Miguel Álvarez

O partido máis agardado dos últimos cinco anos chegou. Cheo absoluto, un ambiente espectacular. Non cabe dúbida. Todo está listo para que o domingo a partir das doce do mediodía dé comezo a festa do fútbol galego. Unha festa con todolos ingredientes posibles:  cánticos, piques sanos, a previa de antes e o xantar despois, as apertas, as bágoas, a tristura, a emoción... 

Unha morea de condimentos para facer deste un partido inesquecible. Pero hai un que non queremos usar. A quén se lle pode pasar pola cabeza utiliza-la violencia? Qué tipo de persoas teríamos demostrado ser permitindo tal atrocidade? Merece a pena arrisca-la integridade dos demáis? 

Non entres no xogo daqueles cegados polo protagonismo mal entendido. A eses de sempre, a eses catro parvos que hai en todolos lados, a eses ós que lles interesa máis tirar unha pedra que celebrar un gol de Valerón ou de Oubiña. Desfruta do derbi o domingo como mellor sabes: Cos teus amigos, coa túa familia, coa túa parella, coa túa camisola, sexa da cor que sexa. 

Nós non coñecemos outra forma mellor de desfrutar do derbi. Pon connosco o teu graíño de área para que este partido sexa o que ten que ser: Unha festa, a festa do fútbol galego. O noso fútbol. 

Por un derbi galego sen violencia 

Autor: Simón Agulla 


* Comunicado conxunto dos medios dixitais que siguen, apoian e informan sobre o Celta: 

0 comments:

Publicar un comentario